Wednesday 15 de May de 2024

Aprazado o concerto de Paloma Suanzes en Moeche


O Concello de Moeche comunicou esta mañá a través das redes sociais a súa decisión de aprazar o concerto de Paloma Suanzes previsto para este sábado dentro do ciclo “Castelo de Sons”. A medida adoptouse por mor da actual situación xerada pola Covid-19 e para non arriscar a saúde dos asistentes. A nova data notificarase coa suficiente antelación para poder reservar praza.

Segundo a información facilitada polo SERGAS -e trala realización de varias probas PCR nos últimos días-, no concello de Moeche non hai rexistrado ningún caso positivo de coronavirus. Neste sentido, o consistorio comunicou a través de Facebook que a situación actual “responde á nova normalidade que nos acompaña nos últimos meses”.

Desde o Concello lémbrase que é necesario manter todas as medidas de precaución, cumprir coas normas indicadas polas autoridades sanitarias e, sobre todo, se se nota calquera síntoma, illarse no domicilio e poñerse en contacto telefónico co Centro de Saúde correspondente ou co 900 400 116.